EA Games ofrece de balde os seus xogos para BlackBerry 10 durante o que resta de mes

xoves, 20 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Dende Electronic Arts parecen sentirse moi xenerosos nestas datas, e decidiron lanzar unha impresionante promoción para os usuarios de BlackBerry 10 dende hoxe ata o día 28 de febreiro a través da que permitirán descargar todos os seus xogos para esta plataforma de balde a través de BlackBerry World.
Estamos ante un catálogo de títulos bastante variado e de grande calidade, que inclúe grandes xogos como Plantas contra Zombis, NBA JAM, Tetris, Monopoly, SimCity Deluxe, Mass Effect: Infiltrator, Dead Space e Need for Speed: Undercover, entre outros títulos que están valorados en 0,89 euros cada un.

PUBLICIDADE