Durante este mes repartiranse 100.000 lectores de DNIe de balde

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Dende hai meses o Ministerio de Industria está a distribuír a través de diversas canles un total de 800.000 lectores de DNI electrónico que pretenden animar aos cidadáns a facer uso do moderno documento que facilita a identificación persoal na Internet ante a Administración, entidades bancarias e outras plataformas. Esta iniciativa rematar no mes de xullo co reparto dos 100.000 últimos lectores de balde que distribuiranse aleatoriamente entre clientes de Alcampo, PC City, Infostock, Banesto e Caixa Galicia.
Unha vez rematada esta campaña non está previsto o reparto de máis lectores de DNIe gratuítos, de xeito que os interesados en facer uso desta solución tecnolóxica deberán adquirir os dispositivos de lectura en establecementos comerciais, onde non só hai dispoñibles lectores USB estándar, senón tamén teclados co lector incorporado e lectores integrables nas baías de ordenadores en formato torre destinadas a unidades de disco.

PUBLICIDADE