Dolby presenta unha nova tecnoloxía que nivela o volume das emisións de televisión

xoves, 6 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Se algo molesta habitualmente ós usuarios cando ven a televisión é a brusca suba do volume do son durante os anuncios ou mesmo cando se fai zapping (xa que cada canle parece estar axustado a un nivel diferente) polo que Dolby está a preparar o sistema Dolby Volume que avaliaría os volumes para axustalos ó momento e que podería ser unha interesante característica para os televisores do futuro.
O Dolby Volume tería un Volume Leveler que ecualizaría os volumes altos e baixos tralo que entraría en xogo o Volume Modeler que axustaría os niveis graves e agudos, así como os aumentos e incrementos do volume, destacando por poder incorporarse practicamente a calquera televisor ou equipo de son, o que agradecerá a nosa audición.
Esta nova tecnoloxía presentouse no IFA deste ano (aínda que xa se anunciar na pasada edición do CES) e non pretende substituír a outras tecnoloxías de Dolby, senón que as complementaría.

PUBLICIDADE