DivX quere competir co Apple TV

luns, 30 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Os responsables de DivX non parecen querer conformarse en licenciar o seu codec de vídeo para o seu uso dende reprodutores de DVD e outros dispositivos multimedia, polo que xa teñen as primeiras unidades de proba de DivX Connected, que é un trebello que sirve para achegar contidos de Stage6, Google Vídeo e Shoutcast ó televisor, así como os ficheiros que teñamos no ordenador, moi na liña do Apple TV.
Aínda non se coñece se hai algún fabricante en producir de xeito masivo este reprodutor multimedia que mesmo conta cun porto USB para a incorporación de ficheiros de imaxe, son e vídeo.

PUBLICIDADE