Digimon celebra o seu 15º aniversario con 3 videoxogos

martes, 21 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Digimon Adventure será un RPG para PSP

Mentres a franquía de Pokémon continúa a gozar de moi boa saúde, un dos seus grandes competidores, Digimon, tamén quere manterse vivo, e para celebrar o seu 15º aniversario esta franquía especialmente popular na televisión vai lanzar 2 novos xogos para PSP e outro para iPhone. A vella consola portátil de Sony estrea nestas datas o Digimon World Re:Digitize e recibirá en 2013 Digimon Adventure, que en vez dun título de loitas, será un xogo de rol. Digimon Crusader será un xogo de rol de cartas que ten previsto adaptarse ao iPhone no outono.
Aínda que Digimon nunca conseguiu tanto éxito como Pokémon, este esforzo de Namco Bandai para reforzar a marca pode contribuír a pola en valor, aínda que sorprende que nas plataformas de destino esquezan ás consolas portátiles de Nintendo.

PUBLICIDADE