Diablo III celebra a súa nova expansión cun 50% de desconto
luns, 24 de marzo do 2014
Mañá ponse á venda Diablo
III: Reaper of Souls, expansión de Diablo
III que poderá
adquirirse por 39,99 euros e que permitirá facer fronte ao Anxo da Morte,
Malthael, que maniféstase nos reinos mortais co propósito de facerse coa pedra
da alma negra para dominar o seu poder infernal. Dado que este novo contido
precisa do xogo Diablo III para
funcionar, dende Blizzard rebáixano un 50%, de xeito que podemos adquirilo por
19,99 euros, o que é unha excelente oportunidade para facerse con este grande
tÃtulo para Windows e OS X (especialmente se temos en conta que a súa versión
para Xbox 360 e PlayStation 3 ten un prezo de 59,99 euros).
Ante a inminencia da noite de lanzamento
da expansión de Diablo III, dende
Blizzard recomendan iniciar a sesión no xogo con certa antelación, para evitar
as colas de espera, de xeito que en canto Reaper
of Souls estea dispoñible recibirase unha notificación avisando de que xa
se pode comezar a xogar ao novo contido, que pode mercarse anticipadamente para
poder gozar do mesmo a partir da vindeira medianoite.