Detectan numerosas intrusións a contas de usuario de Nintendo
martes, 21 de abril do 2020
O editor da páxina web sobre videoxogos de Nintendo Loot Pots, está a advertir dun posible
fallo de seguridade nos servidores da compañÃa nipoa ou, cando menos, dun
ataque masivo aos mesmos, polo que recomenda aos usuarios
a activación da verificación en dous pasos e a desvinculación da súa conta
de PayPal da súa conta de Nintendo, para impedir asà que intrusos poidan
realizar compras non autorizadas.
Ao parecer hai
numerosos usuarios de paÃses como EE.UU., Chile e Rusia que están a advertir
conexións ás súas contas de Nintendo, e nalgún caso detectaron que o
emprego das súas contas para a compra de PaVos de Fortnite, de aà que sexa
moi recomendable maximizar a seguridade, para evitar non só o roubo de contas,
senón tamén o roubo directo de cartos a través de cargos indebidos. O mero feito
de activar a verificación
en dous pasos nas contas de Nintendo deberÃa ser dabondo para evitar este
tipo de ameazas á seguridade informática.