Destiny estrea un trailer dirixido por Jon Favreau
xoves, 23 de maio do 2013
Como adianto
do que amosarán na feira E3, Activision e Bungie traballaron co director Jon
Favreau (responsable das dúas primeiras pelÃculas de Iron Man) e o actor Giancarlo Esposito (actualmente na serie Revolution) para crear un novo trailer
do prometedor xogo Destiny titulado A lei da selva, no que presentan unha
liña de acción e aventuras no universo épico no que vai desenvolverse o
prometedor xogo en liña do que se darán máis detalles durante a conferencia de
Sony o vindeiro 10 de xuño.
Esta nova franquÃa chegará da man dos creadores de Halo e dos editores de Call
of Duty, argumentos que nun principio xa chegan para captar a atención dos
afeccionados aos xogos de acción de todo o mundo, aÃnda que esta aposta de
Bungie non vai limitarse a un tÃtulo de éxito, senón que queren construÃr toda
unha saga a longo prazo, intentando repetir o fenómeno de Halo, pero cun mundo persistente, o que é un interesante reto a
superar. Este shooter en primeira
persoa será moi variado, con modos de historia e multixogador cooperativos e
competitivos, combinados con actividades públicas e sociais, no que poderÃa
converterse en tendencia na vindeira xeración de consolas de videoxogos.
Novo trailer de Destiny