Denuncian que algunhas tendas xa venden o PES 2009
mércores, 15 de outubro do 2008
Dende
varios blogs sobre videoxogos están a denunciar as prácticas dalgunhas tendas
que xa se lanzaron a vender o xogo Pro
Evolution Soccer 2009 varios dÃas antes do seu lanzamento
oficial dun xeito moi pouco ético, pois chegan a anunciar que os clientes que
encarguen o xogo poderán adquirilo
a mellor prezos en «2 dÃas antes».
É habitual que as tendas reciban os videoxogos con certa antelación para poder
garantir a súa dispoñibilidade o dÃa do seu lanzamento, pero normalmente se
respectan as datas marcadas pola súas distribuidores de cara á venda ao
público, e os adiantos puntuais se
consideran habitualmente como accidentes, pero o feito de facer negocio co
asunto non só é unha práctica que atenta contra a competencia, senón que tamén
prexudica so sector, pois facilita que se filtren á Internet copias dos xogos
antes do seu lanzamento oficial.