Cultura e tecnoloxÃa xúntase na nova tenda da FNAC na Coruña
mércores, 20 de xuño do 2007
O pasado martes
pola tarde inaugurouse na Coruña a primeira tenda galega da cadea FNAC, que en
dous andares que suman 2.200
metros cadrados incrementarán a oferta de produtos
tecnolóxicos e culturais da cidade herculina, incorporando un catálogo de máis
de 200.000 libros e milleiros de referencias en discos e DVD, ó que haberá que
engadir a celebración de un ou dous actos culturais cada dÃa (como presentacións
de libros, talleres, actuacións en directo, etc.).
A inauguración da nova tenda sita na Praza de Lugo (xunto o remodelado Mercado
da Guarda) converteuse nun dos acontecementos culturais máis importantes da
tempada, congregando a unhas 600 persoas, entre as que habÃa moitos persoeiros
galegos coma músicos, escritores, polÃticos, xornalistas e empresarios.
Antón Reixa foi quen apadriñou o evento, e presentou unha actuación en vivo de
Rosa Cedrón, aÃnda que a música continuarÃa tamén pola noite nos XardÃns de Méndez
Múñez cunha actuación de Deluxe, Happy Mondays e Siniestro Total.
Talleres Tecnolóxicos FNAC
Aparte do mero evento inaugural, tamén se deu a coñecer o programa de eventos
que terán lugar no novo establecemento ata o mes de xullo, destacando uns
tallares tecnolóxicos de balde e sen inscrición previa que permitirán ós
asistentes estar sempre ó dÃa dos avances da técnica, que comezarán o dÃa 26 de
xuño cunha sesión orientada ó dominio do procesador de Intel conducida polo
especialista Mikel Pascual, mentres que o 17 de xullo Francisco Javier Salcedo
exporá as vantaxes de Windows Vista fronte a Windows XP nun taller organizado
en colaboración con Microsoft.
Ampla oferta tecnolóxica
A nova tenda da FNAC tamén destaca pola súa oferta tecnolóxica, que vai dende os últimos videoxogos ata a telefonÃa móbil. Os amantes da tecnoloxÃa poderán atopar un inmenso catálogo de teléfonos libres, material informático que pode competir en oferta con case calquera tenda actual (vendendo dende equipos completos ata compoñentes soltos), un espazo dedicado a ordenadores de Apple e unha selección moi nutrida de reprodutores multimedia, nos que non só habÃa iPods, senón que se pode atopar dende reprodutores de Creative ata os da galega Blusens, asà como unha chea de accesorios que procurarán atender a demanda dos afeccionados á música dixital.