Continúa a caída neta de liñas de telefonía móbil duranete o mes de febreiro

venres, 19 de abril do 2013 Marcus Fernández

Ganancia neta de liñas (en milleiros) durante febreiro de 2013

A Comisión do Mercado das Telecomunicación publicou o seu informe mensual relativo a febreiro, rexistrando por sétimo mes consecutivo unha importante caída no número de liñas de telefónica móbil, que no caso do mes en cuestión foi de 250.044 liñas, nas que predominaron as liñas de prepagamento e de datos. A este dato habería que sumar o das portabilidades móbiles, que con 575.138 traspasos de liñas suporía un incremento interanual do 18,2% e sería o segundo maior volume de portabilidades da historia (só superado polo rexistro acado en xaneiro).
Como vén a ser habitual, a compañía con maior perda neta de liñas volveu a ser Movistar (compañía que aínda mantén o 35,93% das liñas) seguida por Vodafone (co 26,16% das liñas), mentres que as Operadoras Móbiles Virtuais conseguen gañar liñas a bo ritmo (aínda que polo momento só teñen o 9,58% das liñas).
Pero aínda que as liñas fixas e móbiles estean vivindo malos momentos, a banda ancha consegue manter o seu pulo, e durante febreiro este mercado medrou en 52.681 liñas, das que 39.325 corresponderían a operadores alternativos e 1.268 a operadores de cable, quedando Telefónica só cunha ganancia de 12.088 liñas.

PUBLICIDADE