PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Compostela estrea o seu primeiro Centro On

mércores 15 de abril do 2009, por Raquel Noya | | Compartir en Tuenti | Compartir |

Os que a día de hoxe aínda pensen que o tradicional está rifado co moderno, a pesar das moitas demostracións que se van dando co paso do tempo en contra das súas suposicións, poden achegarse á capital galega, concretamente ao número 33 da Rúa Nova, para comprobar de primeira man que non poden estar máis enganados.
Alí, en pleno corazón do casco antigo de Santiago de Compostela, un dos máis bonitos e mellor conservados do noso país, Caixa Galicia vén de por en marcha o seu primeiro Centro On, un espazo con puntos de acceso de balde a Internet no que se mesturan a oficina convencional cos máis modernos sistemas de banca electrónica.
Neste centro, asemade, Caixa Galicia vén de incorporar un programa de actividades destinado á difusión das novas tecnoloxías, o cal, dende hoxe (o día no que abre as súas portas), terá como principal obxectivo favorecer o emprego da Rede e programar seminarios e obradoiros relacionados coas novas tecnoloxías da información e a comunicación para tódolos públicos.
Este Centro On, tamén ten a vocación de “potenciar a cultura non profesionalizada”, polo que cederá espazos de exhibición de balde a diferentes colectivos sociais. Xa que logo, os usuarios atoparán, ademais de puntos de acceso a Internet e un auditorio para actuacións e proxeccións, caixeiros e un punto de recollida de entradas para espectáculos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS