Compostela acollerá unha maratón de programación para BlackBerry 10

martes, 16 de outubro do 2012 Marcus Fernández

O vindeiro sábado 20 de outubro o grupo de desenvolvedores de BlackBerry de Galicia, BBDevGALICIA, organiza en Santiago de Compostela a primeira das BlackBerry Jam Sessions que se desenvolve na nosa comunidade autónoma e para a que está aberta a súa inscrición, agardando xuntar a varios programadores para participar nunha hackaton, ou maratón de programación que pretende servir de oportunidade para aprender e practicar creando aplicacións con apoio de especialistas nunha sesións de programación de 12 horas. Os participantes organízanse en grupos para desenvolver aplicacións para a plataforma BlackBerry 10 e competir nas categorías de mellor aplicación, mellor xogo Gameloft, mellor aplicación Red Bull e mellor aplicación e-commerce, das que se valorará en partes iguais o seu modelo de negocio, a calidade do seu deseño, a orixinalidade da súa idea e a súa funcionalidade.
Este tipo de encontros organízanse seguindo a mesma axenda:

9:00 – Rexistro e almorzo
10:00 – Apertura, montaxe de equipos e inicio de programación
14:00 – Xantar e volta a programar
20:00 – Fin da competición. Presentacións de 3 minutos e votación
21:00 – Entrega de premios e peche


Vídeo de presentación das BlackBerry Jam Sessions

PUBLICIDADE