Completan o vídeo colaborativo que amosa o funcionamento de Gmail entre bastidores

mércores, 29 de agosto do 2007 Marcus Fernández


Vídeo que amosa o funcionamento de Gmail dun xeito orixinal e divertido

Google abriu a todo o mundo a posibilidade de colaborar na creación dun vídeo conxunto no que se ilustrase o funcionamento do correo electrónico de Gmail, recibíndose máis de 1.100 clips de máis de 65 países, polo que fixeron unha escolma das máis axeitadas para completar un vídeo de pouco máis de 2 minutos que amosa de xeito orixinal coma un sobre cun correo electrónico de Gmail se move da parte esquerda á dereita da pantalla de xeitos simpáticos e ocorrentes.
Os vídeos máis destacados tamén se poden localizar xeograficamente mediante un mapa realizado con Google Maps API e nos que mesmo se pode ver un clip gravado en Penas de Rodas (Outeiro de Rei, Lugo).


Ver o mapa máis grande

PUBLICIDADE