Os usuarios de todo o mundo poderán contribuír na creación dun vídeo sobre o funcionamento de Gmail

luns, 30 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Google quere ilustrar o funcionamento do correo electrónico mediante un divertido vídeo, polo que chama á colaboración dos seus usuarios para crear un clip colaborativo no que calquera pode achegar unha peza de menos de 10 segundos no que se vexa un sobre de Gmail (o servizo de correo de Google) e no que se faga uso da creatividade e da orixinalidade para amosar o desprazamento do correo electrónico polo mundo.
Esta chamada de Google esta a ter moi boa resposta moi activa, e xa podemos ver como hai que se sube a un monociclo, a un tractor elevador ou mesmo homenaxean a Matt (que na súa web publicou vídeos bailando por todo o mundo) e simulan unha partida ó Space Invaders con etiquetas Post-It.
As achegas máis orixinais entregadas antes do 13 de agosto incorporaranse ó vídeo final, que se publicará na páxina principal de Gmail, de xeito que o poderán ver usuarios de todo o mundo.
A versión previa do vídeo xa resulta bastante orixinal e divertida:

PUBLICIDADE