Comezan estes xoves as celebracións en Mugardos do Día Mundial do Software Libre

mércores, 15 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

O evento Kernel 2010 que organiza o colectivo O Zulo na recta final desta semana en Mugardos promete converterse nun dos meirandes acontecementos galegos e estatais de toda a tempada en materia de promoción da informática aberta e das súas moitas vantaxes e funcionalidades. A xuntanza, que como dixemos os días pasados celébrase co gallo de conmemorar o Día Mundial do Software Libre (o sábado 18 de setembro), incluirá varias xornadas de actividades, a partir do xoves, e unha completa listaxe de encontros, concursos, proxeccións cinematográficas, debates, obradoiros e máis presentacións de recursos informáticos (como por exemplo a nova versión do Galpón MiniNo).
O Kernel 2010 desenvolverase na Casa de Cultura do Concello de Mugardos e con horario ininterrompido dende o xoves 16 até o domingo 19. A xuntanza, que se celebra dende 2003 (cando dous dos seus promotores, Alberto e Evaristo, decidiron pór en marcha as Xornadas de Software Libre do Concello de Mugardos), chega á súa nova edición coa arela de superar un reto salientable logo de meses “de escuridade burocrática, papeleos e moito traballo”, sinalan.
O evento, que ten o firme apoio da Concellería de Mocidade de Mugardos, presenta como dixemos un programa do máis completiño:
XOVES 16 SETEMBRO
• 18:00 APERTURA
• 20:00 VOLVENDO OS 90s: SUPER NES - SEGA MEGADRIVE
• 22:00 TORNEOS CALL OF DUTY II
• 00:00 KERNEL PODCAST
• 00:30 CINE: "TRON"
VENRES 17 SETEMBRO
• 08:00 CAFE
• 12:00 KERNEL PODCAST
• 19:00 VOLVENDO OS 90s: CAMPIONATO CONTRARRELOXO SUPER MARIO
WORLD
• 20:00 MESA REDONDA: "AS WEBS E BLOGUES DO KERNEL"
• 22:00 TORNEOS CALL OF DUTY II & LEAGUE OF LEGENDS
• 00:00 CAFE
• 00:30 CINE: "TRILOXIA MATRIX"
SABADO 18 SETEMBRO
• 08:00 CAFE
11:00 SOFTWARE FREEDOM DAY 2010 - PRESENTACIÓN GALPON MININO
• 16:30 LANZAMENTO DE HARDWARE - CAMPIONATO RELEVOS DE PCS
• 19:00 TORNEO CALL OF DUTY II & LEAGUE OF LEGENDS
• 22:00 CIBERCEA "PORKO BYTE"
• 00:00 CAFE
• 00:30 CINE : "STAR WARS: IV,V,VI"
DOMINGO 19 SETEMBRO
• 08:00 CAFE
• 13:00 ENTREGA DE PREMIOS TORNEOS E CONCURSO FOTOGRAFIA
• 14:00 KERNEL PODCAST
• 17:00 CLAUSURA

PUBLICIDADE