AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O colectivo O Zulo celebra en Mugardos o Día Mundial do Software Libre

martes 7 de setembro do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 67.3 KB
Evaristo, Alberto e Pablo (membros de O Zulo) na edición de 2004

Xa vai quedando menos para o Día Mundial do Software Libre, que este ano se celebra o vindeiro 18 de setembro e que coma en anteriores edicións vai dirixido a pór de relevo a importancia de favorecer o acceso ás novas tecnoloxías da información, a tódolos niveis, mediante recursos máis económicos e adaptables, os propios do software libre. Tras esta celebración atópase un ano máis unha entidade internacional sen arela de lucro, Sofware Freedom Day, que entre os seus obxectivos inclúe o de acadar o máximo seguemento e participación posible a nivel internacional. Na nosa terra, precisamente, o Día Mundial do Software Libre estará apoiado por un bo número de usuarios, entre os que se inclúen os da Asociación Comunidade O Zulo (ACOZ), que por segundo ano concorre como equipa na celebración organizando unha serie de actividades ombro con ombro co Concello de Mugardos.
Estas accións forman parte do Ciberencontro Kernel 2010, que as devanditas entidades teñen programado desenvolver o devandito 18 de setembro na Casa da Cultura da dita vila da comarca ferrolá.
Segundo fai saber O Zulo, o programa oficial de presentacións, que dá comezo ás11:00 horas, fica deste xeito:
· Presentación oficial da distribución do sistema operativo para computadores con pocos recursos, GALPon MiniNo 1.2. Desenvolvida polo Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra (GALPon). A súa potencialidade e prestacións.
· Obradoiro de instalación de GALPon MiniNo en computadores antigos, procedentes da renovación de equipos do Concello de Mugardos e que finalmente doará o Concello a asociacións e entidades sen arela de lucro.
· Foro – debate O FOSS, software e cultura libre na sociedade do século XXI , coa participación de representantes dos GULs (Grupo de usuarios de linux e software libre) de Galicia. Este evento de gran transcendencia na sociedade da cultura e información libre, e será transmitido vía web.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS