Comeza o CeBIT con España coma País Asociado
martes 2 de marzo do 2010, por |

- Zapatero e Merkel visitaron o CeBIT na súa sesión inaugural
Hoxe inaugurouse en Hannover
unha nova edición da feira tecnolóxica CeBIT, que este ano ten a España coma País Asociado, o que tradúcese nunha forte
presenza española no evento, cun stand
central dunha superficie de 500 m2 e seccións temáticas (300 m2
para Software no pavillón 6, 300 m2 de Banca & Finanzas no
pavillón 11 e entre 500 e 700 m2 nos pavillóns 12 e 13), o que tamén
concretouse cunha vista do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez
Zapatero, que no discurso inaugural da mostra destacou que «dende 2004, triplicouse o investimento público en investigación,
desenvolvemento e innovación» engadindo que ante a conxuntura económica
actual cómpre «reforzar a necesidade de
seguir avanzando pola senda da innovación tecnolóxica». No acto inaugural
tamén participou a canciller Angela Merkel.
A aposta española polo CeBIT podería ser produto da deriva da principal feira
tecnolóxica dentro das nosas fronteiras, o SIMO, que deixou de existir coma
tal, de xeito que aproveitar un dos meirandes encontros tecnolóxicos a nivel
mundial para amosar a tecnoloxía española non pareza unha mala estratexia, e
incluso servirá
para presentar ante o público o adaptador PLC de alta velocidade de Arteixo
Telecom a través do seu partner
Gigle Network.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

















