Comeza na Coruña a 15ª edición da Arroutada
xoves, 9 de outubro do 2008
Hoxe comeza no Coliseo de A
Coruña a 15ª edición da Arroutada
Party, encontro informático de gran historia a nivel galego que se
celebrará dende as 10:00 horas de hoxe ata as 17:00 horas do domingo, xuntando a preto dun
milleiros de amantes á informática que poderán conectar os seus equipos en rede
para acceder á Internet, compartir contidos entre eles e participar en
competicións e xogos.
O evento complétase con obradoiros, conferencias, concursos e campionatos (con importantes premios en
metálico que chegan aos 1.200 euros no caso do primeiro clasificado
no Counter Strike) que animarán as
xornadas que contan coa colaboración do Concello da Coruña, a Universidade da
Coruña, A Xunta de Galicia e Cisco System.
A principal novidade da Arroutada XV será
a velocidade da rede emprega, que en anteriores ocasións era de 1
Gbps e que se conseguiu multiplicar por 10.