Código Cero estrea aplicacións móbiles
venres, 16 de maio do 2014
- Os móbiles con iOS e Windows Phone 8 estrean aplicación da nosa publicación
Aproveitando a celebración do DÃa das Letras Galegas e o DÃa
da Internet, decidimos estrear en probas algunhas das aplicacións móbiles que
estamos a preparar dende Código Cero para facilitar o acceso aos nosos contidos
dende dispositivos móbiles.
A plataforma na que iniciamos unha presenza máis ampla é iOS, onde estamos
presentes por partida dobre, de xeito que temos unha aplicación
para iPhone dende a que acceder aos contidos que publicamos vÃa web, coa
información diaria sobre actualidade, trebellos e videoxogos e, por outras
banda, unha aplicación
universal que se integra dentro do Quiosco dos dispositivos móbiles de
Apple, o que facilita o acceso aos contidos da nosa edición impresa dun xeito
organizado e áxil, sen precisar dun lector de documentos PDF adicional.
Buscando chegar a outras plataformas, tamén publicamos unha aplicación
para Windows Phone 8, equivalente á que que temos para iPhone, coa
información diaria da nosa páxina web, pero coa estética e interface máis
propia dos sistema operativo móbil de Microsoft.
Estamos tamén a completar as primeiras versións das nosas aplicacións para
Android e para Windows 8, que verán a luz nos vindeiros dÃas, comezando despois
un proceso no que estudiaremos se cada plataforma seguirá o mesmo camiño ou
procuraremos integrar as diferentes plataformas cunhas prestacións e unha
aparencia común.