Cloud Browse permite acceder a páxinas web con Flash dende iPhone OS

luns, 31 de maio do 2010 Marcus Fernández

Pese a que Apple non permita o uso da tecnoloxía Flash no iPad e no iPhone, unha nova aplicación de AlwaysOnGames permite o acceso a páxinas web con tal tecnoloxía dende os trebellos de Apple facendo uso dun navegador Firefox remoto.
Cloud Browse permite así acceder a páxina web con vídeos e animacións elaboradas en Flash e incluso contidos en Java, de xeito que aumenta as posibilidades do iPad/iPhone, aínda que posto que estas webs procésanse en remoto, non é unha solución tan fluída coma unha aplicación en local e podería supor un serio problema de seguridade (non debería accederse a servizos con contrasinal dende a aplicación).
Polo momento esta aplicación só está dispoñible na App Store norteamericana, na que está publicada totalmente de balde.

PUBLICIDADE