Cisco vende Linksys a Belkin

venres, 25 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

En marzo de 2003 Cisco mercou Linksys por 500 millóns de dólares, e poucos anos despois aparecían rumores de que, tras ter integrado tal división na compañía como unha liña dedicada ao mercado de consumo podería eliminar tal marca, e finalmente a historia remata dun xeito diferente: Cisco abandona totalmente o mercado de dispositivos de rede de consumo e vende a marca Linksys a Belkin, compañía na que encaixa mellor a gama de produtos de Linksys.
Con esta operación a división de negocio de redes domésticas de Cisco, incluíndo a marca Linksys e os seus empregados, pasará a Belkin, compañía que conservará a marca e dará soporte aos produtos actuais, para tranquilidade dos actuais usuarios. Ao rematarse a adquisición Belkin (posiblemente no mes de marzo) conseguiría dominar aproximadamente o 30% do mercado de redes domésticas e de pequenas e medianas empresas.

Linksys é unha marca con moita sona en produtos como os routers Wi-Fi domésticos

PUBLICIDADE