ChevronWP7 facilita a liberación de móbiles con Windows Phone 7

luns, 29 de novembro do 2010 Marcus Fernández

As distintas plataformas de smartphones inclúen medidas de seguridade para evitar tanto a piratería como para limitar as funcionalidades dos terminais (nalgúns casos, para garantir a súa estabilidade) o que non gusta a moitos usuarios que prefiren liberar o seu móbil para poder aproveitalo ao máximo, o que agora tamén é posible cos novos terminais con Windows Phone 7 grazas ao lanzamento de ChevronWP7, unha ferramenta que facilita o jaibreak e que incluso permite reverter os cambios realizados.
Os responsables de ChevronWP7 insisten en que non queren promover a piratería de software coa súa aplicación, de xeito que só buscan facilitar a carga de aplicacións caseiras nos terminais con Windows Phone 7, de xeito que os desenvolvedores non precisan pasar pola tenda de aplicacións de Microsoft para levar as súas aplicacións ao móbil, e aseguran que non pensan contribuír á desprotección dos paquetes de aplicacións comerciais.

PUBLICIDADE