Chega a Santiago de Compostela o Sun EcoTour

mércores, 26 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O vehículo EcoRider pódese probar durante o encontro de Sun Microsystems

Sun Microsystems organiza este xoves no Hotel Los Abetos en Santiago de Compostela unha das súas paradas do Sun EcoTour, unha serie de xornadas sobre innovación tecnolóxica e sustentabilidade que pretenden ofrecer solucións para paliar o cambio climático, controlar o gasto enerxético a través de tecnoloxías eco-innovadoras e cumprir os obxectivos de redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.
No acto estará presente a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela Martínez, e tamén intervirán os consultores Alex Ambrós e Antonio Sueiras (de Sun Microsystems Ibérica) e o director de desenvolvemento de negocio de AMD España e Portugal, Alejandro Ruíz-Bueno.
Durante o encontro os asistentes poderán probar e conducir un prototipo do ECO-RIDER, un vehículo de baixo consumo que está a percorrer todo o mundo, e que pode circular ata 45 quilómetros por hora combinando a forza muscular cun motor eléctrico.
O programa de actividades do evento é o que segue:
10:00 Almorzo e rexistro
10:30 Benvida a cargo de Juan Ignacio Pérez Martín-Sequeros, director de Produto de Sun Microsystems
10:40 Apertura Institucional, con María Helena Veiguela Martínez, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información
10:55 Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética, a cargo de Unión Fenosa
11:10 Tecnoloxía para o Centro de Datos Eco-Eficiente, por Antonio Sueiras, consultor de Sistemas de Sun Microsystems
12:00 O Centro de Datos "Verde", a visión de AMD, con Alejandro Ruiz-Bueno, director de Desenvolvemento de Negocio de AMD
12:20 O ordenador empresarial como máximo expoñente de Eco-Eficiencia, a cargo de Alex Ambrós, consultor de Software de Sun
12:50 Rogos e preguntas. Eco-Concurso Fin de Semana en Paradores
13:00 Cóctel
13:30 Condución do EcoRider, prototipo de vehículo ecolóxico

PUBLICIDADE