Chega a España o agardado Monster Hunter Tri
venres, 23 de abril do 2010
Tras moita expectación, hoxe
chega ás tendas españolas Monster
Hunter Tri, unha decidida aposta de Capcom pola consola doméstica de
Nintendo, que promete colocar o listón moi alto no tocante a gráficos e
experiencia de xogo en liña (que será de balde, mentres que no Xapón hai que
pagar unha cota mensual para acceder a tal modalidade de xogo). Tamén é
posible compartir o xogo cun amigo en local grazas á modalidade de pantalla
dividida.
Esta entrega da popular saga de caza de monstros estréase na Wii en distintos
paquetes (véndese cunha consola, cun mando, co Wii Speak ou solto) de xeito que
queda patente a confianza de Nintendo neste tÃtulo, que poderÃa ser o primeiro
super-éxito da Wii non desenvolven eles directamente.
A anterior entrega da saga chegou para a PSP, pero o salto a unha consola
doméstica máis popular entre o seu público obxectivo (principalmente xente
moza) fai que agárdese que esteamos ante o capÃtulo máis prometedor das
aventuras dos cazadores de monstros fantásticos, que teñen un éxito
impresionante no Xapón, que poderÃa contaxiarse a occidente co Monster Hunter Tri, tÃtulo que
convencerá a moitos xogadores co seu trailer: