Catherine terá versións para PS4 e PS Vita
martes, 19 de decembro do 2017
En
2011 o xogo Catherine chegou a
PlayStation 3 como un orixinal tÃtulo de quebracabezas e acción aderezado cunha
historia desacougante na que un home de 32 anos ten que loitar contra os seus
demos internos mentres é infiel á súa parella. Como este xogo quedou ancorado
na anterior xeración de consolas de videoxogos, o seu estudio, Atlus, decidiu
finalmente traelo a máquinas actuais, e no número desta semana
da revista xaponesa Famitsu van dar conta do que será Catherine: Full Body, a versión para PlayStation 4 e PS Vita
deste tÃtulo tan impactante como orixinal.
Catherine:
Full Body presentarase polo seus creadores nunha retransmisión de vÃdeo
que terá lugar o vindeiro venres, sabéndose polo momento que o xogo está en
mans de Studio Zero, incluirá todo o contido adicional do xogo de PS3 e novas
secuencias para a historia principal.
- Aparte da historia interactiva, Catherine tamén incluÃa un modo de acción e quebracabezas durante os pesadelos do protagonista