Cancélase o SIMO 2008

martes, 14 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Microsoft fóra unha das empresas con máis presenza no SIMO 2007

Onte comentabamos que máis da metade dos expositores que o pasado ano asistiron ao SIMO no IFEMA madrileño non tiñan pensado repetir este ano, no que parecía ser un paso no declive desta feira tecnolóxica, pero hoxe dende ComputerWorld aseguran que trala confirmación de ausencias ten notables como a de Microsoft, Telefónica, Orange, Toshiba, Lenovo, Fujitsu-Siemens, Philips e incluso Vodafone (que anunciou esta mesma mañá que non asistiría ao evento) non quedou outro remedio que cancelar o encontro pese a que xa se estaban preparando os seus contidos (entre os que había unha web con funcións de rede social).
Queda agora por ver se estamos ante un paréntese da feira tecnolóxica provocado polo panorama económico ou se pola contra se trata da defunción dun evento que non chegará a sumar os seu 48 anos de vida.

ACTUALIZACIÓN: Dende a organización do SIMO aseguran estar a traballar nunha renovación total da feira tecnolóxica para unha data sen concretar en 2009.

PUBLICIDADE