Cancelan The Last of Us Online

xoves, 14 de decembro do 2023 Marcus Fernández

Tras moitos meses rumoreándose que o proxecto do xogo en liña baseado en The Last of Us estaba a ter problemas no seu desenvolvemento, aos que a propia Naughty Dog tivo que responder asegurando que estaban a esforzarse para facer realidade este título multixogador, pero finalmente rendéronse ás evidencias e anunciaron que tiraban a toalla e tomaron a difícil decisión de deter o desenvolvemento de The Last of Us Online.
Dende Naughty Dog son conscientes de que había unha grande comunidade de xogadores agardando polo modo multixogador de The Last of Us, pero decatáronse do esforzo que suporía manter un xogo en liña a longo prazo e o impacto que tería no desenvolvemento dos xogos narrativos para un xogador que, por outra banda, son o punto forte do estudio. De feito, un dos grandes atrancos para avanzar no xogo cancelado é que están a traballar nun novo título tradicional, e dividir esforzos resultaba demasiado complicado, de aí que finalmente decidan centrarse no que mellor lles funciona.

PUBLICIDADE