AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Caixa Galicia premia aos clientes que domicilien a súa nómina cun móbil e un ano de tarifa plana de voz en Vodafone

domingo 31 de xaneiro do 2010, por Redacción | | Compartir | |

Caixa Galicia e Vodafone España uníronse para poñer en marcha unha nova campaña que premiará aos clientes que xa teñen a súa nómina na entidade e todos aqueles que a domicilien ata o vindeiro 30 de abril. Trátase dunha campaña pioneira no sector financeiro español que permitirá ao cliente que domicilie a súa nómina aforrar ata 400 euros na factura do móbil.
Tódalas persoas que domicilien a súa nómina ou pensión en Caixa Galicia e se dean de alta en Vodafone levaranse, por cero euros, un móbil táctil Samsung Blade e un ano gratis de tarifa plana de voz ao contratar a modalidade 24 h ou A Todos de Vodafone (1000 minutos/mes).
Caixa Galicia tamén premia a fidelidade dos seus clientes e todas as persoas que xa teñan a súa nómina ou pensión domiciliada en Caixa Galicia e se dean de alta en Vodafone recibirán gratis un teléfono móbil Samsung Blade e seis meses gratis de tarifa plana de voz en Vodafone.
Por outra banda, Vodafone tamén ofrece un beneficio exclusivo aos seus clientes particulares e aqueles que teñan contratada unha tarifa plana de voz (24 h e A Todos) ou actívena dentro desta promoción, gozarán de seis meses gratis de tarifa plana ao domiciliar a súa nómina en Caixa Galicia.
Con esta iniciativa Caixa Galicia pretende dinamizar a captación de nóminas, seguir crecendo en número de clientes e dar un paso máis no seu programa de fidelización co obxectivo de ofrecer aos seus clientes os servizos máis completos.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS