CVC Capital Partners faixe co 70% do operador de telecomunicacións R

luns, 15 de novembro do 2010 Redacción

Tras canalizar a compra do 35% de R o pasado mes de abril, e como estaba previsto, o fondo de investimento CVC Capital Partners ampliou o seu capital no operador de telecomunicacións de orixe galega ata o 70%, polo que a compañía deixa de estar controlada por capital maioritariamente local, quedando o 30% restante de R en mans de Caixanova.
Segundo CVC, R manterá a súa sede social actual en Galicia, e con esta operación o fondo de investimento «potenciará a expansión e crecemento de R noutros mercados» apostando tamén pola súa consolidación en Galicia.
Dende R aseguran que a formalización desta operación «supón unha inxección de liquidez e reforzo da estrutura financeira de R» e aínda que Caixanova teña menos peso no accionariado iso non impedirá que a empresa confirme «o seu papel protagonista no desenvolvemento do sector das telecomunicacións de Galicia».

PUBLICIDADE