PuntoGal

O noso boletín por e-mail conta xa con 2.886 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Bulla Burbulla: a bubble mob coruñesa

xoves 14 de xuño do 2007, por Marcus Fernández | | Compartir en Tuenti | Compartir |

As Bubble Mobs son un novo fenómeno nacido na Internet consistente celebración de concentracións de persoas cun obxectivo común: facer pombas de xabón.
Ata o momento sabiamos de evento deste tipo con moito éxito en Madrid, e o vindeiro sábado ás 18:00 horas na Praza Elíptica do Barrio dos Rosales (A Coruña) procurarán xuntar a unha importante cantidade de persoas para facer unha batalla de burbullas, convocándose este encontro dende o blog do Barrio.
O encontro responde ó nome de Bulla Burbulla e insta ós asistentes a levar o seu pompeiro para facer burbullas de xabón. Ademais tamén se conta co apoio de distintos blogs para promover o evento (así como de moitos medios de comunicación locais que están a falar do tema) polo que poderiamos auspiciar un éxito de convocatorio se as condicións meteorolóxicas o permiten.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68

 RSS