Blogger estrea aplicación móbil para iOS e Android

venres, 9 de setembro do 2011 Marcus Fernández

Imaxes da versión para iOS da aplicación

Para cubrir unha importante carencia, o servizo de blogging de Google, Blogger, estrea unha aplicación para iPhone e iPod Touch (funciona en iOS 3.2 ou superior) que tamén está dispoñible para terminais Android, e que facilita a publicación de entradas no noso blog ou gardalas como borradores para a súa publicación posterior. Tamén resulta de grande interese para editar entradas que xa tiñamos publicado dende o ordenador, para poder modificalas sobre a marcha.
Aínda que dende a web era posible traballar con Blogger dende dispositivos móbiles, con esta aplicación facilítanse tarefas como engadir fotografías dende o iPhone e mesmo incorporar etiquetas e información sobre a xeolocalización nas nosas entradas.
Polo momento a ferramenta non está optimizada para tablets.

PUBLICIDADE