Betabeers Galicia volve á Coruña a semana que vén

xoves, 5 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Dous meses despois de pasar polo espazo de coworking de WekCo na Adva. Novo Mesoiro da Coruña, Betabeers Galicia repetirá enclave na súa novena edición o vindeiro día 12 ás 20:00 horas, cando Álex Rodríguez, entusiasta da realidade aumentada e desenvolvedor FrontEndt e de aplicacións móbiles, impartirá un relatorio sobre a realidade aumentada en HTML5.
Tras o relatorio central da xornada, presentaranse un par de proxectos: Lupeon e Signedoc. Lupeon é unha empresa compostelá de impresión 3D que amosarán aos asistentes os seus promotores, Luís Mandayo e Adrián Sánchez. Pola súa banda, Brais Méndez dará a coñecer o seu proxecto Signedoc, que hai pouco presentouse a Vindeira Capital Network, e ofrece un servizo de sinatura electrónica de documentos.

Reinaldo Aguilera é un dos organizadores do evento

O encontro formal rematará ás 21:30 horas, cando os asistentes trasladaranse a un local de hostalería próximo para pechar a xornada coa compoñente de networking que pon as beers a esta serie de eventos que percorren a nosa xeografía e están orientados a desenvolvedores de páxinas web e aplicacións móbiles e contan cos emprendedores Reinaldo Aguilera, Alberto Basalo e Juan Diego Pereiro Arean na súa organización.
Por limitación de aforo é preciso inscribirse vía web ao evento para poder participar no mesmo.

PUBLICIDADE