Batman Arkham Knight adía o seu lanzamento até o 23 de xuño

luns, 23 de marzo do 2015 Marcus Fernández

Aínda que inicialmente Rocksteady Studios programara o xogo Batman Arkham Knight para o ano 2014, o desenvolvemento do título que porá fin á historia iniciada en 2009 non parou de atopar atrancos para cumprir as datas de lanzamento que foron fixando, ante o nivel de excelencia que buscan os seus responsables, e aínda que parecía que finalmente estaba escrito en pedra que chegaría ás tendas o 2 de xuño, a publicación dun novo vídeo con imaxes do xogo en acción trae como mala nova o adiamento desta lanzamento en 3 semanas.
Deste xeito, non veremos Batman Arkham Knight até o 23 de xuño en versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, pero segundo comentan en primicia dende IGN Italia, non sería o único lanzamento da saga para equipos da actual xeración, senón que tamén poderiamos ver a finais de ano a Batman: Arkham Collection, que sería unha remasterización para PS4 e Xbox One de Arkham Asylum e Arkham City, deixando fóra do lote o xogo Arkham Origin, por estar desenvolvido por Warner Bros. Montreal e non estar considerado dentro da triloxía de Arkham, senón que sería unha especie de spin-off.


Último vídeo de Batman Arkham Knight

PUBLICIDADE