BES 10 non soportará terminais con BlackBerry 7
mércores, 22 de agosto do 2012
- Os terminais con BlackBerry 7 precisarán de BES 5 para seguir a operar
As cousas para Research In Motion (RIM) parece que continúan
costa arriba, e agora confirman que vai deixar de desenvolver a actual
plataforma BlackBerry Enterprise Server (BES), deixándoa na futura versión 5.0.4,
de xeito que no futuro só contarÃa con actualizacións de seguridade, forzando
ás compañÃas a adoptar unha nova xeración de BES, que non soportará aos
dispositivos BlackBerry baseados en Java (como os móbiles BlackBerry 7) de
xeito que as compañÃas que desexen dar soporte a vellos e novos terminais á vez
deberán
correr 2 servidores simultaneamente, o que pode converterse en todo un
pesadelo, ou incluso un investimento difÃcil de asumir.
A nova xeración do BlackBerry Enterprise Server responderÃa ao nome de BES 10,
e funcionará cos dispositivos de BlackBerry actuais, incluÃndo o tablet
BlackBerry PlayBook, aÃnda que tamén funcionará con dispositivos con iOS e
Android, e chegará ao mercado a primeiros de 2013, xunto cos smartphones con BlackBerry 10.