Até o momento vendéronse 3,4 millóns de PS5

xoves, 31 de decembro do 2020 Marcus Fernández

A chegada da nova xeración de consolas foi un tanto accidentada este ano, xa que ese ano foi moi complexo para completar o seu desenvolvemento e organizar a súa fabricación e loxística, de xeito que podemos afirmar sen temor a errar que tanto a PlayStation 5 como a Xbox Series X non só conseguiron vender todas as súas existencias, senón que nin sequera están a ser quen de cubrir de atender as reservas previas ao lanzamento, o que ocasionou que as máquinas nin sequera chegasen aos estantes das tendas.
Nestas condicións resulta moi difícil saber se falamos ou non dun grande éxito, xa que a oferta é moi inferior á demanda, pero no caso de Sony non parece haber dúbidas, xa que por fin temos unha estimación do volume de consolas vendidas no seu primeiro mes, que serían uns 3,4 millóns de PlayStation 5, ao que habería que sumar as estimacións de que ao longo de 2021 conseguirán producir entre 16,8 e 18 millóns de consolas. Temos así que os bos presaxios sobre a PlayStation 5 paliarían o mal sabor de boca que deixou o feito de que a consolas sexa imposible de conseguir durante a campaña de Nadal, defraudando a moitos consumidores que desexaban recibir unha de agasallo nestas datas.

PUBLICIDADE