AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Até 229 persoas participan na cata de viños por videoconferencia que se celebra este xoves dende Chantada

mércores 10 de marzo do 2010, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

Tal e como falamos o outro día, o noso xeito de achegármonos ao viño está a mudar a pasos axigantados, e iso que estamos a falar dun produto tradicional que se leva consumindo na nosa terra dende hai séculos sen grandes variacións. Malia que aínda é cedo para falarmos dun antes e un despois do 11 de marzo no que a cultura enolóxica galega se refire, o certo é que non tódolos días se mobiliza a unha rede de centros de acceso á Rede para dar conta das calidades dun produto a través de videoconferencia e con 229 persoas participando na actividade. Falamos da cata en liña de viños que se celebra mañá dende o Telecentro de Chantada e en comunicación directa co Centro Multimedia de Galicia (Santiago) e cos Telecentros de Oroso, Catoira, Carballo, Tui, Monforte e O Barco.
A actividade, inserida dentro da nova edición da Feira do Viño da dita localidade luguesa, desenvolverase entre as 20.00 e as 22.00 horas. Os obxectivos dos responsables destes puntos de acceso en liña e da dita celebración son duplos: por unha banda apoiar á Feira con tódolos recursos dixitais posibles e, pola outra, dar conta das moitas vantaxes de comunicación e promoción da videoconferencia. Segundo informan, tódolos asistentes a esta cata terán ao seu alcance o material preciso para a mesma, contando todos eles coa axuda e supervisión de Mar Vilanova, enóloga e investigadora do CSIC, quen dende o Telecentro chantadino será a encargada de abrir o acto e dar paso á cata guiada dos viños desa subzona, durante a cal todos os presentes poderán formular as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes e posibilidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS