Assassin’s Creed Mirage adianta o seu lanzamento

luns, 14 de agosto do 2023 Marcus Fernández

O xogo Assassin’s Creed Mirage, que devólvenos á época e ambientación das primeiras entregas da franquía de Ubisoft, tiña previsto chegar a PC, PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S e Amazon Luna o vindeiro 12 de outubro, pero sorprendentemente o xogo rematou o seu desenvolvemento anticipadamente, polo que decidiron adiantar o seu lanzamento unha semana, de xeito que poderemos iniciar a exploración de Bagdad con Basim en pleno século XIX o vindeiro 5 de outubro.
Neste novo xogo encarnaremos a Basim, un ladrón da rúa que padece visións das que busca respostas, de aí que acabe uníndose a unha antiga organización e adopte un novo credo, mudando o seu destino. Basim sería o Assassin máis versátil da historia da franquía, que percorrerá a cidade facendo parkour e aproveitará o máis amplo abano de ferramentas até hoxe para conseguir os seus obxectivos.
Os xogadores que adquiran o título con antelación poderán desbloquear unha misión adicional (Os Corenta Ladróns).

Tráiler do xogo

PUBLICIDADE