AOI

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Aseguran que o iTV de Apple «cambiará todo»

martes 24 de agosto do 2010, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 28.9 KB
O Apple TV será a base do futuro iTV

O produto de reprodución multimedia de Apple que actualmente responde ao nome de Apple TV podería mudar substancialmente o mes de setembro, pasando a chamarse iTV (nome que non parece ser definitivo, pois incluso dende a canle de televisión británica ITV opóñense ao seu uso por parte da compañía de Cupertino) no que o fundador de Digg, Kevin Rose, considera que podería ser un grande revulsivo para o sector, xa que o iTV tería un prezo moi atractivo (fálase de 99 dólares), correría aplicacións semellantes ás do iPhone e o iPad (por funcionar co mesmo sistema operativo) de xeito que achegaría ao televisor vídeo en streaming, aplicacións con novas interactivas e mesmo xogos; contaría con canles de televisión á carta (que contaría coa plataforma iAd para integrar publicidade, de xeito que sería doado rendibilizar as emisións); facilitaría compartir imaxes e vídeo; e incluso permitiría o uso do iPad coma un impresionante mando a distancia.
A información coa que conta Rose parece ser de primeira man, e en poucas semanas poderiamos saír de dúbidas e ver se Apple é capaz de trasladar a revolución do iPhone/iPad aos televisores, alzándose coma un importante rival de Google TV.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS