As pantallas híbridas de PixelQi, presentes no Computex

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Para o verán estaba previsto o lanzamento dun tablet chamado Adam que faría uso das revolucionarias pantallas híbridas de PixelQi, que combinan as prestacións unha pantalla LCD ordinaria con tecnoloxía de papel electrónico, de xeito que permite a conmutación entre dous modos de uso, permitindo o último mencionado tanto a lectura durante un tempo prolongado coma o uso da pantalla baixo a luz do sol. Pero esta tecnoloxía non quedará limitada a un único fabricante de equipos, e estes días durante o Computex estanse a ver distintas pantallas táctiles de PixelQi que poderían funcionar tanto en ordenadores portátiles coma en tablets.
Durante a feira asiática puideron verse distintos equipos coas pantallas mencionadas, coma un tablet con pantalla táctil capacitiva de 10 polgadas e un ordenador con Windows 7 Home Premium que integra unha tableta dixitalizadora de Wacom para tomar notas.
Unha mágoa que estes produtos aínda non estean no mercado, pois realmente fan uso dunha tecnoloxía moi útil, que podería incrementar considerablemente a versatilidade dos tablets.


A xente de Engadget puido comprobar o funcionamento de prototipos con pantallas de PixelQi

PUBLICIDADE