As boas vendas de Iron Man provoca problemas nos servidores da Paramount (por mor dos contidos BD-Live)
luns, 6 de outubro do 2008
A pasada semana chegou
ás tendas a pelÃcula Iron Man e
confirmou o que se viña dicindo sobre as vendas de Blu-ray (que parecen limitarse a tÃtulos
de acción e efectos especiais) pois en só 48 horas esgotou as súas
existencias nos EE.UU. converténdose na pelÃcula que máis vendeu nese soporte.
Pero o éxito de vendas serviu tamén para confirmar que os discos Blu-ray se
reproducen principalmente dende consolas PS3, pois os usuarios que se puxeron a
probar a súa nova adquisición atoparon en pantalla unha mensaxe que os
convidaba a acceder a contidos BD-Live incluÃdos na pelÃcula (que se achegan a
través da Internet, e aos que non poden acceder a meirande parte dos
reprodutores de Blu-ray que hai no mercado… agás o incluÃdo na consola de Sony)
o que provocou
que os servidores da Paramount se saturasen, polo que milleiros de
usuarios non puideron acceder aos exclusivos contidos que se presentaba por
este sistema (e que resultaron un tanto decepcionantes para moitos
consumidores, que agardaban que a tecnoloxÃa BD-Live achegase algo máis que uns contidos que cargan
lento e que non se poden ver se non se conta con conexión á Rede).