Arquivan definitivamente a causa contra Cinetube

luns, 13 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

Pese á aprobación da Lei Sinde, os procesos xudiciais contra páxinas que facilitan contidos audiovisuais publicados na web sen consentimento dos seus propietarios continúan adiante con sentenzas contrarias ás intencións do Ministerio de Cultura, e así podemos ver como hoxe publican a resolución firme da Audiencia Provincial de Álava que arquiva a causa contra a popular páxina web Cinetube, por considerar que “non existen indicios (..) da concurrencia dos elementos obxectivos do tipo penal obxecto da imputación”.
Na denuncia presentada contra os responsables de Cinetube pedíase o peche de tal web, o que xa fora rexeitado como medida cautelar, continuando coa liña habitual neste tipo de causas, nas que ao non existir relación entre as persoas que publican na Rede o material do que se vulneran a súa propiedade intelectual e as páxinas web ás que se quere facer responsable nin existir un lucro directo na disposición dos contidos non é posible determinar a existencia de delito algún.

PUBLICIDADE