Rexeitan o peche cautelar de CineTube

martes, 17 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Varias compañías do mundo do cine (Twentieth Century Fox Film Corporation, Disney Enterprises, Inc., Columbia Pictures Industries Inc., Tristar Pictures, Columbia Tristar Home Video, Inc., Sony Pictures Clasics, Inc., Mandalay Entertaimnent, Metro Goldwyn Mayer Studios, Inc., Orion Pictures Corporation, Universal City Studios, Time Warner Entertainment Company L.P., New Line Productions, Inc., Lauren Films Video Hogar S.A., Manga Films S.L.U., Twentieth Century Fox Home Entertainment España, S.A., Universal Pictures Spain, S.L., Warner Home Video Española, S.A., Paramount Home Entertainment (Spain) S.L., Columbia Tristar Home Entertainment y Cia S.R.C. e The Walt Disney Company) denunciaron á páxina web CineTube por difundir ligazóns a contidos en streaming de distintos contidos audiovisuais da súa propiedade, pedindo tamén o seu peche cautelar amparándose no artigo 270 do Código Penal, o que vén de rexeitar o Xulgado de Instrución nº2 de Vitoria, que considera que «non existe nos denunciados un ánimo de lucro directo pola difusión das películas ofrecidas, posto que os ingresos obtéñense unicamente a través de publicidade que se insire na web de autos». Tamén destaca que en CineTube «non existe contido algún» senón unicamente ligazóns.
Os denunciantes recorreron a decisión do xuíz, pero todo indica que iso non afectará á decisión tomada, posto outros casos semellantes remataron as súas causas cun resultado semellante a este (arquivo das causas por non ser delito as actividades denunciadas).

PUBLICIDADE