Apple podería descontinuar o iMac de 17 polgadas

martes, 22 de maio do 2007 Marcus Fernández

Os ordenadores de Apple teñen a sona de ser doados de utilizar, polo que o modelo iMac, que integraba un equipo informático completo dentro do seu monitor TFT (agás o teclado e o rato) está a ter un importante éxito de vendas, vendéndose actualmente en tamaños de 17, 20 e 24 polgadas a prezos de entre 979 e 1.949 euros, pero agora o económico modelo de 17 polgadas podería ver ameazado o seu futuro, xa que hai rumores de que Apple abandonará a produción deste equipo, ocupando o seu posto o modelo de 20 polgadas, que podería ver reducido o seu prezo a menos de 1.200 euros, o que podería parecer caro nun primeiro momento, pero que parece compensar ó incluír 1 Gb de memoria RAM, un disco duro de 250 Gb e unha regravadora de DVD de dobre capa.
Este cambio no catálogo de Apple poderíase anunciar a comezos do vindeiro mes durante a conferencia WWDC que se celebrará en San Francisco, evento no que tamén se presentará a versión de proba do Mac OS X Leopard.

PUBLICIDADE