Apple permite ós usuarios de iLife’08 a descarga de balde da anterior versión do iMovie

venres, 10 de agosto do 2007 Marcus Fernández

O iMovie’08 non convence

Steve Jobs presentou esta semana versións renovadas dos seus ordenadores iMac e dos paquetes de aplicacións iLife e iWorks, pero o que non podía adiviñar era que o iMovie ’08 terían tan mala acollida pois, pese a que fai a edición de vídeo moito máis rápida que a versión anterior, presenta carencias como a desaparición da liña de tempo, do son multipista, do soporte de engadidos, dos temas e da edición de audio, o que desatou as críticas dos usuarios, polo que Apple decidiu compensalos permitíndolles a descarga de balde do iMovie HD 6, que se pode ter instalado simultaneamente co iMovie ’08 (xa que son versións totalmente distintas do programa, que se instalan en cartafoles separados).
Deste xeito os usuarios non profesionais teñen dúas solucións de vídeo diferenciadas segundo as súas necesidades, polo que os amantes do vídeo doméstico teñen así un motivo máis para apostar polos ordenadores Mac.

PUBLICIDADE