Apple TV chega a Xbox
luns, 2 de novembro do 2020
Hai un
par de semanas Sony
anunciou as plataformas de streaming que estarán dispoñibles de lanzamento en
PlayStation 5, e agora Microsoft
fai o mesmo coas súas consolas Xbox Series X/S, destacando principalmente
que o vindeiro dÃa 10 entre as aplicacións incluÃdas nas novas consolas figurará
a de Apple TV (aplicación que tamén estará dispoñible para Xbox One). Abrindo o
acceso aos contidos de Apple TV+ nas consolas Xbox, o que pode sorprender a
algúns que vexan a Microsoft como empresar rivais historicamente (aÃnda que na
práctica colaboran en numerosas ocasións).
Outras aplicacións que chegan de saÃda ás novas Xbox son Netflix, Disney+, Spotify,
YouTube, Amazon Prime Video e Twitch, entre moitas outras que mudan en función
dos mercados (por exemplo, HBO Max e Hulu son aplicacións dispoñibles de saÃda,
pero eses servizos só están presentes nos EE.UU.), potenciando o uso das
consolas Xbox como dispositivo de reprodución multimedia, o que en moitas
ocasións agradecen os usuarios de televisores que actualmente ofrecen unha mala
experiencia como Smart TV (por carecer de aplicacións ou incluso por funcionar
cun rendemento moi baixo). Cómpre lembrar tamén que dende a Xbox One S é
posible gozar de reprodución multimedia en 4K con HDR pese a que a máquina non
teña potencia dabondo para correr xogos con tal calidade, ou sexa, que o
apartado de reprodución multimedia está optimizado dende hai tempo e, de feito,
Microsoft ten mando a distancia multimedia como accesorio oficial dende hai
anos (mentres que a PlayStation 4 nunca tivo tal).