Apple TV achega YouTube ó televisor doméstico

xoves, 31 de maio do 2007 Marcus Fernández

Co gallo da conferencia D organizada polo Wallstreet Journal, Wall Mossberg entrevistou o fundador de Apple, Steve Jobs, que aproveitou a ocasión para anunciar novidades da súa empresa.
Jobs confirmou que o iPhone sairá a finais de xuño, e incluso o definiu coma “o mellor iPod que fixemos nunca, polo que podemos afirmar que o novo dispositivo parece ser a principal aposta da empresa para os vindeiros meses, que incluso se abrirá a desenvolvedores alleos a Apple (ó contrario do que se viña rumoreando).
Pero non só falou do iPhone, senón que tamén desvelou a nova mellora relativa ó Apple TV, que consiste no achegamento de vídeos dende YouTube ata o reprodutor multimedia para o televisor doméstico. Este é un paso máis de Apple no seu intento por dominar a reprodución multimedia, ou sexa, que queren ser “o DVD da era da Internet”.

PUBLICIDADE