Aparece un novo prototipo do iPhone 4G nunha web vietnamita

mércores, 12 de maio do 2010 Marcus Fernández

A historia do iPhone 4G perdido repítese, e agora unha páxina web vietnamita amosa imaxes e mesmo vídeo do que parece ser unha versión lixeiramente mellorada do terminal que desvelara Gizmodo, deixando claro elementos coma que funciona cun procesador Apple A4 semellante ao do iPad, que a súa pantalla ten unha resolución claramente superior ao iPhone 3GS e que o seu tamaño é lixeiramente máis compacto que este (ao optar por unha forma menos redondeada). Tamén resulta curioso que a súa tarxeta Micro SIM (outro elemento compartido co iPad) introdúcese polo lateral dereito do terminal en vez de pola súa parte superior (coma os anteriores modelos).
Nesta ocasión, aínda que non está confirmado que esteamos ante un prototipo real do futuro iPhone, hai moitas dúbidas sobre a posibilidade de que esteamos ante unha operación de márketing de Apple (o que sería bastante sorprendente, pois a compañía destaca polo seu hermetismo).


Vídeo no que amosan cómo sería o novo móbil de Apple

PUBLICIDADE