Atopan un prototipo do vindeiro iPhone
luns, 19 de abril do 2010
Durante a pasada fin de
semana foi moita información publicada na Internet por mor dunhas imaxes do que
poderÃa ser o deseño da vindeira xeración do iPhone (que dan en chamar iPhone
4G ou iPhone HD) e que corresponderÃan a un
terminal atopado no chan dunha cafetarÃa de California, e que
destacarÃa por contar cunha cámara frontal e 80 Gb de memoria interna (algo
realmente sorprendente, por superar tanto aos actuais iPad coma iPod Touch).
Dende Applesfera aseguran
que as fotografÃas publicadas na web son un fake,
ou sexa, unha fraude, pero nas últimas horas apareceu máis información sobre o
terminal en concreto, coma unha fotografÃa de hai meses nas que podÃa verse un
dispositivo idéntico xunto a un prototipo do iPad que finalmente correspondeuse
co produto final, o
que dende Engadget consideran que servirÃa de proba da veracidade das imaxes publicadas, aÃnda que son
prudentes ao comentar que serÃa un prototipo, polo que poderÃan existir
lixeiros cambios con respecto do produto final.

- En Gizmodo publicaron imaxes do terminal, deixando claro que acadou certo equilibrio ao cambiar a súa aparencia sen perder a súa identidade
Para rematar a faena, finalmente en Gizmodo podemos consultar un extenso
artigo asinado por Jason Chen, quen asegura que o polémico terminal
chegou ás súas mans, e sometérono a unha profunda análise, chegando a
desmontalo. Detallan que as novidades do terminal serÃan a cámara frontal para
video-conferencia, unha cámara traseira mellorada (cunha lente de maior tamaño
e flash), pantalla de máis resolución (posiblemente 960 x 460 pÃxeles),
micrófono secundario para a cancelación de ruÃdo, botóns separados para o
control de volume, todos os botóns serÃa metálicos e en vez de utilizar
tarxetas SIM, farÃa uso de tarxetas Micro-SIM (coma o iPad 3G).
Tamén apreciaron que a parte traseira do terminal é totalmente plana, ten un
borde de aluminio, pesa 3 gramos menos que o iPhone 3GS, a súa baterÃa é un 16%
máis grande e os compoñentes internos reducÃronse de xeito considerable (o que
precisamente permite a maior baterÃa).
Tras contactar con xente relacionada con Apple, confirmouse a perda dun
prototipo do novo iPhone, e o seu interese en recuperalo, o que sumado ao feito
de que moitos dos compoñentes internos do móbil estaban etiquetados coma de
Apple e eran diferentes dos de terminais anteriores, supón a practica
confirmación de cómo será o futuro
iPhone, que previsiblemente presentarase en sociedade o 22 de xuño.
