Anuncian o regreso de Top Spin

mércores, 17 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

A serie de xogos de tenis Top Spin foi todo un referente no seu día, publicándose a súa última entrega, Top Spin 4, en 2011, e aínda que houbo outros títulos que quixeron coller a remuda (como Tennis World Tour en 2018), non é até este ano cando a franquía volverá ás consolas de videoxogos con TopSpin 2K25, previsiblemente con versión para PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S.
Está previsto que o xogo conte os vindeiros Grand Slams e torneos (está confirmada a colaboración co Open de Australia) e, de ter o nivel que entregas anteriores, podería ser unha das mellores novas para os amantes do tenis en consolas, moi decepcionados con títulos como Tennis World Tour 2 e Matchpoint – Tennis Championships, que claramente non están á altura nin do deporte nin das consolas de nova xeración.

Vídeo de adianto de TopSpin 2K25

PUBLICIDADE